é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero
Dúas intérpretes en escena vivencian unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da derradeira diáspora, distintas das anteriores pero mantendo o pasado na memoria.
A última vaga migratoria, debedora da crise, é multipolar e multicausal. Na pasada década 47.105 persoas entre os 20 e os 39 anos abandonaron Galicia na procura contextos laborais máis favorables. A nosa pirámide de poboación empeorou, e o problema demográfico está no centro da axenda política galega. Hai unha necesidade urxente de modificar o discurso clásico das migracións, válido para entender os éxodos transoceánicas de principios do século XX pero non os presentes.
Un grupo de mulleres creamos Emigrantas, unha peza de danza para bailar datos, estatísticas, vivencias, intuicións e posibilidades; pezas coas que tecer un ensaio bailado sobre a actual diáspora galega en compaña de outras comunidades de emigrantas, dentro e fóra da Galicia interterritorial.
O motor destas Emigrantas é pensar a actual vaga migratoria en complicidade con comunidades galegas no exterior e outras emigrantas en Galicia, para así construírmos unha peza que nos leve xuntas diante do presente fenómeno migratorio.
Dirección e coreografía: Kirenia Martínez
En escena: David Loira e Esther Latorre
Texto: Branca Novoneyra
Vestiario: Jandro Villa
Espazo sonoro: Babykatze & Bruno Baw
Produción: Lucila Campos
Servizo técnico: RTA (Diego Vilar)
Deseño gráfico: Niko Alvarellos
Fotografía: Bruno Baw
CONTACTO
Distribución: +34 671 445 247