Emigrantas

é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero

Dúas intérpretes en escena vivencian unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da derradeira diáspora, distintas das anteriores pero mantendo  o pasado na memoria.

A última vaga migratoria, debedora da crise, é multipolar e multicausal.  Na pasada  década  47.105 persoas entre os 20 e os 39 anos abandonaron Galicia na procura  contextos laborais máis favorables. A nosa pirámide de poboación empeorou, e o problema demográfico está no centro da axenda política galega. Hai unha  necesidade urxente de modificar o discurso clásico das migracións, válido para entender os éxodos transoceánicas de principios do século XX pero non os presentes.

Un grupo de mulleres creamos Emigrantas, unha peza de danza para bailar datos, estatísticas, vivencias, intuicións e posibilidades; pezas coas que tecer un ensaio bailado sobre a actual diáspora galega en compaña de outras comunidades de emigrantas, dentro e fóra da Galicia interterritorial.

O motor destas Emigrantas é pensar a actual vaga migratoria en complicidade con comunidades galegas no exterior e outras emigrantas en Galicia, para así construírmos unha peza que nos leve xuntas diante do presente fenómeno migratorio.

Dirección e coreografía: Kirenia Martínez

En escena: David Loira e Esther Latorre

Texto: Branca Novoneyra

Vestiario: Jandro Villa

Espazo sonoro: Babykatze & Bruno Baw

Produción: Lucila Campos

Servizo técnico: RTA (Diego Vilar)

Deseño gráfico: Niko Alvarellos

Fotografía: Bruno Baw


CONTACTO

info@emigrantas.me

Distribución: +34 671 445 247